viernes, 23 de diciembre de 2016

ALEGRÍA PARA O ANO NOVO

BO NADAL E FELIZ ANO NOVO!
Despedimos o ano co festival de inverno. A aula Mundi preparou dúas cancións: Nadal e Alegría.



martes, 20 de diciembre de 2016

PAPÁ NOEL VISITA A AULA MUNDI

ESTABAMOS PREPARANDO AS CARTAS DE PAPÁ NOEL E REIS MAGOS CANDO CHAMAN Á PORTA E  ...
ERA  PAPÁ NOEL ACOMPAÑADO DO XEFE DE ESTUDIOS ÓSCAR







FESTA DE NADAL PARA DESPEDIR O TRIMESTRE

Preparamos unha receita de Nadal moi vistosa, saborosa e saúdable. Podedes ver máis información no blog alimentatben ou no vídeo desta mesma páxina. 
Esta foi a primeira festa na aula na que celebramos os aniversarios as nenas e nenos que cumpriron 6 anos nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro.
HOUBO MOITA DIVERSIÓN.
PARABÉNS! 










lunes, 19 de diciembre de 2016

O NOSO BELÉN É FANTÁSTICO



No noso belén nace o neno de nome Xesús entre unhas pallas. Están tamén a súa nai María, o pai Xosé, o boi e a vaca. Veñen os reis magos, as pastoras, os anxos... Este nacemento é nun mundo inmenso e fantástico onde tamén hai animais salvaxes, domésticos xunto a dinosaurios. Todo vale porque o que manda é a nosa imaxinación e fantasía para representar o nacemento dun neno en Belén hai máis de 2000 anos.





miércoles, 30 de noviembre de 2016

Aprendemos, memorizamos, recitamos...aloumiños

 Antía ganou o concurso de recitado de aloumiños, xa que foi a primeira en aprender os dous aloumiños que correspondían á nosa clase.


lunes, 24 de octubre de 2016

Día da biblioteca

Biblioaxudantes de 6º presentaron o libro  El monstruo de colores. Fixeron unha bonita representación na que participou a clase.