lunes, 27 de marzo de 2017

CANTAS ÁRBORES HAI NO COLEXIO?


Se queredes saber a resposta e ver as imaxes da nosa investigación premede na imaxe.




CANTAS ARBORES HAI NO COLEXIO?

TEATRO NA HORA DE LER!!

27 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DO TEATRO

Os rapaces e rapazas da Aula Mundi estamos a dar unha volta polos diferentes tipos de texto (narrativa, poesía...). 
Hoxe adicamos a hora de ler, a "ollar" nos libros a estructura dunha obra teatral, a importancia das súas partes (protagonistas, vestiario, montaxe, escenografía...)

Velaí nos tendes "moi APLICADIÑOS"











jueves, 23 de marzo de 2017

MISIÓN "ÁRBORES" AULA MUNDI

No DÍA DA ÁRBORE e xa que estamos aprendendo sobre as plantas en Ciencias da Natureza, saimos o noso entorno máis próximo, os arredores do noso cole a investigar cantas árbores había.
Observamos que tiñan un talo duro, que se chama tronco e que moitas estaban floridas dado que estamos na primavera. 
Tamén visitamos o horto escolar e miramos como nos ían crecendo as árbores do cole.


LEMOS POESÍA NA BIBLIOTECA NA HORA DE LER

Este martes 21 de Marzo foi o DÍA DA POESÍA
Durante a hora de ler, fomos a biblioteca e lemos libros de poesía!! 
Atopamos moitas que xa coñeciamos e lemos outras novas. 
Había moitos libros de GLORIA FUERTES, a poetisa que este ano celebra o CENTENARIO DO SEU NACEMENTO.










martes, 21 de marzo de 2017

O MEU ANIMAL FAVORITO

O alumnado de 1º de E.P. do CEIP A Gándara fixo un traballo sobre as características principais dos seus animais favoritos.

Algúns son salvaxes e outros domésticos, uns son carnívoros e tamén hai animais que teñen pelo mentres que outros teñen escamas. Canto aprendemos nas clases de ciencias!


miércoles, 8 de marzo de 2017